martes, 24 de febrero de 2015

Preminibasket: C.B. Arteixo 56 - 6 BC Cristo Rey

Partido correspondente á 4ª xornada do Grupo A4 da Liga preminibasket, disputado o sábado ás 12:30 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña

56 - 6  (2-0 / 18-2 / 11-2 / 6-0 / 7-2 / 12-0)

Comezaba o partido con moita intensidade, defendendo ben e lanzando moito á canastra, pero que lamentablemente non estaban acertados ningún dos dous equipos, só conseguindo unha canastra os arteixáns (2-0)

No segundo periodo rematou a mala racha e comezaron os arteixáns a anotar, seguindo activos na defensa, o que lle proporcionou ós arteixáns un gran parcial, que os separou no marcador dos contrarios (20-2)

No terceiro periodo, a intensidade mantíñase no xogo, deixando poucas oportunidades de lanzamento ó rival e creando as nosas, aumentando así a diferenza no marcador (31-4)

Á volta do descanso, baixou a intensidade no ataque, pero non na defensa, evitando que o rival anotase (37-4)

No quinto periodo, o xogo dos arteixáns non cambiou, e os rivais seguían insistindo no seu xogo pese á boa defensa dos arteixáns. Aínda así, o parcial foi favorable ós nenos e nenas de Víctor García (44-6)

No último periodo, os arteixáns seguiron anotando grazas á actividade defensiva ata conseguir pechar o marcador, sen baixar a intensidade en ningún momento do partido (56-6)

Con este partido, os máis pequenos do club suman a súa cuarta victoria consecutiva e se colocan líderes do grupo. Aínda así, queda moito por mellorar por parte de tódolos compoñentes do equipo (xogadores e adestrador)

C.B. Arteixo
Brais, Fátima, Iker, Diego, Carla, Lucas, Jorge, Aharón e Rubén
Adestrador: Víctor García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Coreti mixto de Culleredo, en lugar, día e hora por confirmar

No hay comentarios:

Publicar un comentario