miércoles, 11 de febrero de 2015

Minbasket: C.B. Arteixo 50 - 0 El mediterráneo Montrove Mixto

Partido correspondente á 9ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado o sábado ás 19:30 horas no Pavillón do Colexio Valle Inclán de Oleiros.

Xa dende o comezo, viuse a superioridade dos arteixáns, os cales dende a defensa conseguían roubar balóns en liñas de pase e anotar en superioridade e en 1x0. Ós de Oleiros costáballes chegar á canastra dos arteixáns, quenes estaban serios na defensa de 1x1 e tamén nas axudas por se un compañeiro era rebasado.

Esta tónica mantívose ó longo dos 6 periodos disputados. No ataque aproveitouse para traballar a solidaridade no xogo, pasando o balón ó compañeiro mellor situado, algo que se botaba en falta nos últimos partidos disputados.

Gran traballo por parte de tódolos nenos e nenas do equipo. Aínda así, queda moita tempada por diante e moito traballo para continuar mellorando e seguir crecendo como xogadores e como equipo.

Finaliza así a primeira volta da competición, cos arteixáns situados na terceira posición, empatados co segundo e o cuarto clasificado a 6 victorias.

Destacar tamén, que o equipo é o segundo equipo que máis puntos anota, só por detrás do líder invicto.

C.B. Arteixo
Víctor, Gonzalo, Manuel, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia, Lola e Antón
Adestradores: Arkatiz Collazo e Germán Lozano


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non disputará xornada debido ás vacacións de Entroido, reanudando a competición a fin de semana do 21 e 22 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario