Partido correspondente á 3ª xornada do grupo A4 da Liga preminibasket, disputado o sábado ás 11:00 horas no aAgra 2 de A Coruña.
10 - 48 (0-7 / 0-7 / 2-8 / 2-13 / 2-2 / 4-11)
Presentábase o equipo con catro baixas por gripe, aínda así os máis pequenos do club realizaron un gran partido.
Dende o comezo do partido viuse a diferencia entre ámbolos dous equipos. Os arteixáns grazas a unha boa defense ían conseguindo deter as acometidas dos rivais, deixando o seu marcador a cero (0-7)
O segundo periodo foi practicamente igual que o anterior. Os de Obradoiro conseguiron superar en ocasións a defensa dos arteixáns, pero non foron quen de atinar co aro (0-14)
No terceiro periodo, o ritmo do partido continuou practicamente igual, sendo neste periodo no cal os rivais conseguiron inaugurar o seu marcador. Os arteixáns continuaban aumentando a diferenza no marcador grazas á súa boa defensa (2-22)
Despois do descanso, os arteixáns aumentaron o ritmo no ataque, conseguindo máis ocasións de lanzar á canastra e con bastante puntería. Así mesmo, defenderon ben a súa canastra con poucos erros (4-35)
No quinto periodo, baixouse a intensidade no ataque, e unido ás perdas do balón e ó desacerto de cara ó aro foi o periodo con menos puntos anotados (6-37)
O partido rematou cun periodo no que non afloxaron a marcha os arteixáns. Conseguiron anotar puntos como anteriormente e recibindo poucos puntos (10-48)
Con este partido, os máis pequenos do club conseguen encadear tres victorias consecutivas, amosando como pouco a pouco van mellorando e aprendendo cada día máis, tanto os xogadores como o adestrador. Aínda que quedan moitos partidos e moita marxe de mellora para todos
C.B. Arteixo
Brais, Fátima, Iker, Diego, Lucas, Aharón e Rubén
Adestrador: Víctor García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non terá competición debido ás vacacións do Entroido, reanudándose a competición a fin de semana do 21 e 22 de febreiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario