Partido correspondente á 1ª xornada do grupo A2 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
50 - 53 (18-11 / 7-11 / 11-20 / 14-11)
Presentábanse os arteixáns coa baixa de Miguelón, que aínda ten para varias semanas, e a convocatoria dos cadetes Jose, Aimán, Carlos e Mario do equipo cadete.
Comezaba o partido inmellorablemente para os arteixáns, bo movemento do balón e dos xogadores e con Darío moi acertado dende o triple (3 de 3). O resultado foron un parcial de 11-2 nos primeiros minutos do periodo. Pero os visitantes reaccionaron e recurtaron distancias ó final do periodo (18-11)
No segundo periodo, os visitantes aplicáronse na defensa sobre Darío, atascando o ataque dos arteixáns. Aínda así, a boa actividade defensiva fixo que a igualdade se mantivese no marcador (25-22)
Á volta do descanso continúa a defensa cara a cara dos visitantes sobre Darío, cos demáis xogadores pechados na zona aproveitando a súa superioridade en altura e os erros no lanzamento dos arteixáns. Lograron os visitantes darlle a volta ó marcador e pasaron a dominar o partido. No minuto 6 do periodo, prodúcese unha dura falta antideportiva sobre Darío, quen se revolve e empurra ó xogador visitante, provocando a súa descalificación. Os locais con esta descalificación perderon a concentración durante uns minutos, o que aproveitaron os visitantes para distanciarse no marcador (36-42)
No inicio do último periodo, mantense a diferenza no marcador ata que faltaban 3 minutos para rematar o partido (6 puntos). Nese momento, os arteixáns apretaron na defensa e recuperaron varios balóns, pero a precipitación e a pechada defensa visitante impediron que se recortaran as distancias. Pero dúas triplas seguidas a falta de un minuto empataron o partido. Os dous equipos van á liña de tiro libre e, a falta de 10 segundos, os visitantes anotan un tiro libre e collen o rebote no segundo, anotando baixo o aro. Os arteixáns tiveron un saque de fondo a falta de 4 décimas, pero non foron quen de anotar (50-53)
Sensación rara para o equipo xa que saíron cun bo sabor de boca, a pesares da derrota, polo bo partido realizado polos xogadores arteixáns.
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (13), Darío (15), Juanlu (6), Jonathan (9), Javi (0), Leo (0), Antón (1), Carlos (0), Jose (0), Aimán (0) e Mario (2)
Adestrador: Fran Lozano
Liceo La Paz
Santacruz (0), Verea (7), Siguero (5), Ramallo (2), Fresno (0), Pardo (0), Quintáns (0), González (19), E. Fernández (2) e D. Fernández (18)
Adestrador: Martín García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido o domingo ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor 2 contra Basquet Coruña 97
No hay comentarios:
Publicar un comentario