jueves, 26 de febrero de 2015

Cadete masculino: C.B. Arteixo 74 - 48 Ferrol C.B. 00

Partido correspondente á 13ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

74 - 48  (28-10 / 14-18 / 17-8 / 15-12)

Gran inicio por parte dos arteixáns, que cunha forte defensa e rápidos contraataques martilleaba unha e outra vez o aro do equipo departamental que dirixe Luis Barbeito. Os xogadores de Iván García conseguiron anotar 28 puntos neste primeiro periodo.

Sen embargo, no segundo periodo chegou unha relaxación por parte dos arteixáns, e os ferrolanos se meteron un pouco no partido, aproveitando a falta de intensidade defensiva dos arteixáns para anotar 18 puntos neste periodo (42-28)

A volta do descanso trouxo de novo bos minutos para os arteixáns, apoiados novamente nunha boa defensa e atopando boas situacións de lanzamento no ataque (59-36)

Deste xeito, o último periodo convertiuse nun mero trámite, eso si, sen baixar o nivel de intensidade do xogo e da defensa (74-48)

C.B. Arteixo
Aimán, Saúl, Fran, Daniel, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, Jose e Carlos
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido o sábado ás 12:00 horas contra Santa María del Mar no Pavillón do Colexio Santa María del Mar de A Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario