jueves, 26 de febrero de 2015

Senior 4ª división: C.B. Arteixo 47 - 33 ACB Costa da Morte

Partido correspondente á 13ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

47 - 33  (10-9 / 6-6 / 20-11 / 11-7)

Comezou o partido de xeito arrollador para os arteixáns, que sen embargo fallaba o máis fácil no ataque. Deste xeito e pouco a pouco, os visitantes foron igualando as cousas paulatinamente (10-9)

No segundo periodo, o desacerto por parte de ámbolos dous equipos foi desesperante, anotándose soamente 6 canastras entre ámbolos dous equipos (6 puntos para cada un), chegando co marcador igualado ó descanso (16-15)

Á volta do descanso vivíronse os mellores momentos do partido por parte dos arteixáns, quenes cunha presión asfixiante a toda pista conseguiron desarbolar por completo ós da Costa da Morte. Hai que destacar os 20 puntos anotados polos xogadores de Iván García neste periodo (36-26)

No último periodo aumentouse un pouco máis a diferenza no marcador, nunha demostración máis de que nesta ocasión si que estaban os arteixáns coa máxima concentración no xogo (47-33)

C.B. Arteixo
Jose (5), Darío (0), Pablo (2), Eloy (2), Manu (4), Fabián (11), Víctor (8), Arkaitz (7), Dylan (0), Adrián (2) e Daniel (6)


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido o domingo ás 17:00 horas no Pavillón do Ventorrillo de A Coruña ante SCD Castrillón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario