martes, 13 de enero de 2015

Senior 4ª división: Calasanz 74 - 37 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 8ª xornada da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón do Ventorrillo de A Coruña.

74 - 37  (18-13 / 15-9 / 16-8 / 25-7)

Partido que comeza de xeito fenomenal para os arteixáns cunha boa defensa, xogando rápidos contraataques e incluso cun bo xogo no 5x5. Sen embargo, nos dous últimos minutos deste primeiro periodo, xa se empezou a vislumbrar o que ía ser o resto do partido.

Incomprensiblemente os arteixáns desapareceron do partido. Defensa contemplativa, nada de ritmo e o peor de todo: cada un facendo a guerra pola súa conta.

Ó descanso aínda se chegou con esperanzas de poder reconducir a situación, pero a saída do descanso non mostrou a cruda realidade: a intensidade non era a adecuada e propiciaba que algunha boa defensa rematase en múltiples rebotes ofensivos por parte do Calasanz, que practicamente anotaba en cada ataque. Dende este momento ata o final, un coser e cantar para os locais.

C.B. Arteixo
Pablo (6), Eloy (7), Diego (9), Fabián (8), Víctor (4), Adrián (1) e Daniel (2)

A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Baloncesto Cambre para pechar a primeira volta da competición. O partido disputarase o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario