Partido correspondente á 10ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor 2 de A Coruña.
47 - 46 (11-15 / 12-14 / 12-10 / 12-7)
Voltaba a competición despois do parón de Nadal, no cal apenas se puideron realizar dous adestramentos. O equipo tiña o obxectivo de disputar o partido durante os 40 minutos para poder optar á victoria e así foi.
Chegábamos coa baixa de Javi e cos problemas físicos de Miguelón. Aínda así o equipo comezou moi serio e activo na defensa e no ataque. O balón circulábase ben e aparecían lanzamentos liberados para ir collendo as primeiras vantaxes no marcador, curtas pero sempre os arteixáns por diante. Remataba o periodo con vantaxe no marcador e moi boas sensacións no xogo (11-15)
No segundo periodo, o equipo continúa a xogar centrado, mantendo a vantaxe e o ritmo de xogo no que nos interesa. O esforzo era moi grande por parte dos arteixáns, e aparecen os primeiros contratempos. Antón con 3 faltas e Jonathan tórcese un tobillo, deixando o partido ós 14 minutos de xogo. Aínda así, os arteixáns conseguen chegar ó descanso con vantaxe no marcador (23-29) e continuando coas boas sensacións no xogo.
A segunda metade comeza cos arteixáns moi cansos, pero continúan pelexando cada balón e intentando controlar o ritmo do xogo. Pero as desgracias nunca veñen soas, xa que Miguelón tamén se torce un tobillo e entra Antón, quen en moi pouco tempo comete a 5ª falta persoal e ten que ir ó banco. Volve Miguelón á pista co tobillo mal para que o equipo non estea en inferioridade. Con todos estes contratempos, mantemos a vantaxe no marcador ó final do periodo (35-39)
No último periodo, trataron os arteixáns de controlar e manter a vantaxe no marcador, e o conseguiron ata que faltaban 3 minutos para acabar o partido, cando Basquet Coruña empata a 44 grazas a unha tripla. Despois dun mal ataque dos nosos, os locais collen vantaxa grazas a unha canastra de dous puntos. Cométense varias imprecisións por parte de ámbolos dous equipos, chegándose ó final do partido co 47-46 no marcador.
Moi bo partido do equipo. Sobre todo en canto ó esforzo realizado por tódolos xogadores.
Basquet Coruña 97
López (0), Cruz (0), Ghambir (6), Barba (4), Campo (6), Eiroa (11), Rama (4), González (12) e Cabanas (4)
Adestrador: Luis Villalaba
C.B. Arteixo
Miguelín (5), Darío (12), Juanlu (15), Jonathan (2), Leo (2), Antón (4) e Miguelón (6)
Adestrador: Fran Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó lider intratable do grupo, Maristas Coruña, previsiblemente o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario