Partido correspondente á 9ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 18:00 horas no Pavillón de Marzán de Foz
69 - 52 (13-9 / 16-16 / 18-15 / 22-12)
Cuarta derrota consecutiva do equipo dirixido por Germán Lozano nun sempre difícil desprazamento á Mariña lucense.
Comezou o partido cos locais máis metidos e levando o ritmo de xogo do partido. Os arteixáns anotaban grazas ó ritmo de xogo que querían, pero só en determinadas accións. Así finalizaba o periodo cunha lixeira vantaxe para os locais (13-9)
No segundo periodo apareceu a figura de Johan Vázquez, quen dominou ámbolos dous tableiros ó seu antollo, anotando 14 puntos neste periodo dos 16 do seu equipo (rebote de ataque, 1x1 interior,...). Pola súa banda, os de Arteixo mantíñanse grazas ó lanzamento exterior, mentres que a circulación de balón non era suficiente para mover á defensa local, a cal non necesitaba desprazarse moito e conseguía frear con axudas as poucas posibilidades de penetración dos arteixáns (29-25)
Á volta do descanso mantívose a igualdade no xogo e no marcador, os locais facían a goma sempre con vantaxes no marcador. Cada vez que os de Arteixo se achegaban, aparecía Adrián Suárez para anotar, conseguir tiros libres ou anotar unha tripla (47-39)
O último periodo foi similiar ó terceiro, pero os arteixáns non foron quen de xogar ben as súas cartas e Suárez matou o partido controlando o xogo ó seu antollo ante a defensa local. A máxima vantaxe do partido deuse sobre a bocina cunha tripla de Paz dende o seu campo, que remataba unha mala tarde dos arteixáns caendo como unha losa na súa espalda (69-52)
Remata a primeira volta da competición cun balance de 4-5 despois de catro derrotas consecutivas do equipo, que os fai baixar dende a terceira praza ata a sexta. Lideran a competición o Peleteiro de Santiago e o Carballo a un paso (8-1) e pecha a táboa o C.B. Sarria (0-9)
C.B. Celtas A soalta
E. Fraga (0), Teijeira (-), Rodríguez (3), Suárez (22), M. Fraga (4), Vizoso (-), Paz (7), Cao (9), Insua (2), Vázquez (22) e Lanzos (0)
Adestrador: Pablo Castro
C.B. Arteixo
Ocampos (8), Antelo (3), Conchado (3), Guille (0), Iago (13), Rober (7, Ramón (0), Xoel (4), Jesús (4), Luis (5) e Andrés (5)
Adestrador: Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo comezará a segunda volta da competición recibindo ó Santo Domingo Betanzos B o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Tratará o equipo de volver á liña de resultados e xogo de comezos de tempada
No hay comentarios:
Publicar un comentario