lunes, 19 de enero de 2015

Infantil masculino: C.B. Arteixo 60 - 25 BC 02 B

Partido correspondente á 9ª xornada da 2ª división infantil masculino, disputado por primeira vez na tempada o domingo ás 12:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

60 - 25  (17-7 / 18-4 / 13-8 / 12-6)

Comezou o partido  cos arteixáns moi metidos nel, tanto na defensa como no ataque. Na defensa conseguíase que os visitantes suasen para superar no 1x1 e, cando o conseguían, as axudas eran correctas para evitar tiros cómodos e ata se conseguían roubar nas recuperacións. No ataque superábase con certa comodidade no 1x1 para finalizar preto da canastra ou para conseguir tiros libres (17-7)

No segundo periodo, mellorouse se cabe a defensa, dominando o rebote defensivo (cousa que levaba tempo sen suceder) e continuando o gran traballo de axudas. No ataque non se conseguían tantas vantaxes no 1x1 debido ó cansanzo, pero si que se conseguían vantaxes no xogo sen balón e nos cortes cara ó aro (35-4)

Á volta do descanso parecía que os visitantes ían a comezar a recortar diferenzas, pero un novo arreón dos arteixáns, conseguindo varias canastras consecutivas de contraataque e volvendo á gran defensa realizada anteriormente fixo que se esvaecese dita posibilidade de recurtar diferenzas (48-19)

No último periodo mantívose a tónica de todo o partido, anque o acerto de cara ó aro debido ó cansanzo reduciuse bastante (como dato, varias entradas á canastra sós non chegaron a superar a altura do aro), a defensa continuaba a ser moi boa (60-25)

Hai que destacar o gran partido realizado por parte de tódolos xogadores, os cales sorprenderon a propios e a estraños coa súa intensidade e o seu xogo despregado. Incluindo tamén ós alevíns Gonzalo e Iago que sempre axudan ó equipo nos adestramentos e nos partidos (sen olvidarnos de Víctor e de Manu)

C.B. Arteixo
Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo, Gonzalo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o último partido da primeira fase contra o Liceo La Paz en lugar, día e hora por confirmar

No hay comentarios:

Publicar un comentario