Partido correspondente á 11ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
40 - 67 (11-23 / 12-16 / 11-18 / 6-10)
Comezou o partido mal para os locais, pouco movemento de balón no ataque e, sobre todo, pouco movemento dos xogadores sen balón. Esto fai que os visitantes poñan rápido distancia no marcador (2-12 no minuto 4). Unha leve reacción nos locais e certo baixón dos xogadores de Maristas fan que o marcador non se disparase a favor dos de Pablo Cayado (11-23)
O segundo periodo continuou como o final do primeiro. Apreciouse unha mellora nos arteixáns, conseguindo saír relativamente ben da presión e a defensa aguanta ben os ataques de Maristas. Aínda así, comezaba a preocupar o rebote, dominado case totalmente polos visitantes, o que obrigaba a pasar moito tempo defendendo co seu correspondente desgaste físico. A diferenza ó descanso era de 16 puntos (23-39)
A segunda metade comezaba mal para os locais. As distancias amplíanse e sobrepasan os 20 puntos. Os locais acusan o desgaste e as imprecisións nos pases e nos tiros van aumentando. Na segunda parte do periodo, os locais reaccionan timidamente rebaixando a diferenza no marcador ata os 23 puntos (34-57)
O último periodo estivo cheo de erros por parte dos dous equipos, e eso viuse no marcador cun parcial mínimo de 6-10 para Maristas. Chegouse ó final do partido cun 40-67 no marcados
Resultado "digno" contra o líder intratable do grupo, xa que no partido da primeira volta o resultado foi 95-49 a favor dos xogadores de Pablo Cayado
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (6), Darío (6), Juanlu (10), Jonathan (14), Javi (0), Leo (2), Aimán (0), Dani (2) e Antón (0)
Adestrador: Fran Lozano
Maristas Coruña
Pérez (4), Barbosa (0), Abelleira (33), Montesinos (3), García (0), Sánchez (0), Gómez (8), Cortés (2), Cardalda (13), Vargas (0) e Vila (4)
Adestrador: Pablo Cayado
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo terá xornada de descanso. A competición reanudarase a fin de semana do 1 de febreiro contra BC 98 B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario