Partido correspondente á 7ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado o sábado ás 17:45 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.
34 - 59 (6-8 / 2-5 / 9-11 / 1-15 / 8-5 / 8-15)
Comezou o partido con moita igualdade na primeira metade, anque sempre con vantaxes a favor de Latorre. No primeiro e segundo periodos, a defensa de ámbolos dous equipos impúxose ós ataques, sendo a anotación un pouco baixa (8-13)
No terceiro periodo, as defensas descenderon o seu nivel e ámbolos dous equipos anotaban con certa comodidade, chegándose ó descanso con 7 puntos de vantaxe para Latorre (17-24)
Á volta do descanso, no cuarto periodo, chegou a debacle dos arteixáns, os cales saíron con pouca intensidade na defensa e con malas opcións escollidas no ataque. Desto aproveitáronse os xogadores de Latorre para poñer terra de por medio no marcador, endosando un parcial de 1-15 (18-39)
No quinto periodo mellorou o xogo dos arteixáns, tanto no ataque como na defensa. Ós de Latorre custáballes máis anotar debido á intensidade na defensa dos arteixáns, e no ataque creábanse de novo situacións de lanzamento que se ían aproveitando. Recurtáronse 3 puntos de diferenza neste parcial (26-44)
No último periodo, os arteixáns deixáronse levar na defensa, permitindo de novo 15 puntos ós rivais. O ataque era similar ó do quinto periodo, pero non chegaba para recortar diferenzas no marcador (34-59)
C.B. Arteixo
Víctor, Manu, Miriam, Gonzalo, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Claudia, Lola e Antón
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Dominicos en lugar, día e hora por confirmar
No hay comentarios:
Publicar un comentario