Partido correspondente á 10ª xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o sábado ás 12:30 horas no Pavillón Elviña 2 de A Coruña.
32 -25 (14-6 / 2-8 / 12-5 / 4-6)
Comezou o partido cos dous equipos tanteándose e tendo que suar para anotar cada canastra debido a boas defensas. O partido estivo igualado ata o minuto 7, no que os xogadores de Liceo anotaron tres canastras consecutivas sen resposta dos arteixáns (debido a malas decisións na saída do balón) para finalizar o periodo con vantaxe (14-6)
O segundo periodo foi fenomenal para os arteixáns. Inmensos na defensa do 1x1, nas axudas defensivas e no rebote. Mentres que no ataque se baseaban nos 1x1 en carreira despois de rebote e saída de balón, os cales tiñan que ser parados con falta por parte dos colexiais. A falta de acerto no tiro libre evitou que se recurtase máis vantaxe e se puxesen por diante (16-14)
Á volta do descanso, outro periodo negro para os arteixáns. Moitas perdas de balón en campo propio facían estéril o bo traballo defensivo e de rebote. Debido a esas perdas, os colexiais conseguían despegarse de novo no marcador (28-19)
No último periodo, volveu o bo xogo dos arteixáns, anque sen moito acerto no ataque. A defensa continuaba a ser seria e boa e se dominaba o rebote defensivo. Conseguiuse gañar o parcial do periodo, pero a falta de acerto no tiro e nas entradas á canastra fixeron que a victoria se quedase en A Coruña (32-25)
C.B. Arteixo
Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Gonzalo
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
Finaliza a primeira fase da competición cun balance de 2 victorias e 6 derrotas, pero coa sensación de que o traballo diario da os seus froitos e os xogadores e o equipo melloran individual e colectivamente pasiño a pasiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario