lunes, 26 de enero de 2015

Preminibasket: Calasanz 7 - 26 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 1ª xornada do Grupo A4 da liga preminibasket, disputado o sábado ás 16:15 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña

7 - 26  (0-7 / 0-3 / 0-0 / 3-5 / 2-4 / 2-7)

Volvía a competición para os máis pequenos do C.B. Arteixo. Os nenos e nenas de Víctor García chegaban con moitas ganas de xogar despois das vacacións de Nadal.

O partido comezou cunha moi boa defensa dos arteixáns, deixando moi poucas ocasións de lanzamento ós rivais, e con algo de acerto no ataque conseguiron finalizar o primeiro periodo sen recibir ningunha canastra (0-7)

No segundo periodo proseguiu a boa defensa, pero o nivel de acerto de cara ó aro foi menor aínda que se conseguían boas opcións de lanzamento (0-10)

No terceiro periodo o equipo desecendeu a intensidade do xogo tanto no ataque como na defensa. Lanzouse pouco á canastra e sen acerto e permitiuse lanzar comodamente ó rival, anque este tampouco estivo acertado de cara ó aro, finalizando o periodo cun parcial de 0-0 (0-10)

Á volta do descanso, o cuarto periodo foi máis igualado que os anteriores, estreándose no marcador o equipo rival. Os arteixáns conseguiron moitas máis ocasións de lanzamento con respecto dos periodos anteriores, pero o acerto seguiu a ser moi baixo (3-15)

O quinto periodo foi o maís duro por parte de ámbolos dous equipos, facendo que as oportunidades de lanzar no ataque fosen menores e sen moito acerto (5-19)

O partido finalizou cun periodo moi bo en defensa por parte dos arteixáns, anque deixaron escapar algún lanzamento cómodo para os de Calasanz. O acerto de cara ó aro aumentou ó nivel do primeiro periodo, finalizando o partido cun 7-26 a favor dos nenos e nenas de Víctor García

Neste partido demostrouse que os nenos e nenas do equipo teñen moitas ganas de xogar e de mellorar, aínda que este é un periodo longo e no que hai que traballar moito sen deixar de disfrutar co baloncesto.

C.B. Arteixo
Brais, Fátima, Iker, Martín, Diego, Carla, Lucas, Jorge, Aharón, Alex e Rubén
Adestrador: Víctor García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Jesuitinas feminino en lugar, día e hora por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario