Partido correspondente á 9ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
79 - 31 (16-13 / 21-2 / 20-4 / 22-12)
Último partido da primeira volta para os xogadores de Iván García, nun partido máis sinxelo do que cabía esperar nun primeiro momento. Sen embargo, o principio do partido non foi sinxelo.
Os locais saíron coa empanada e permitían ó equipo colexial anotar con certa facilidade.
No segundo periodo todo cambiou, os de Arteixo comezaron a presionar en toda a cancha e a roubar moitos balóns os cales permitían anotar canastras de contraataque.
Á volta do descanso, nada cambiou e o ritmo alto dos locais desarbolaba ós visitantes.
No periodo final o ritmo ofensivo continuou, pero unha lóxica relaxación na defensa permitiu que o partido se igualase un pouco, pero xa estaba todo resolto a favor dos arteixáns.
Os xogadores de Iván García rematan a primeira volta cun balance de 3-6 na 7ª posición, empatados co Obradoiro e o Ferrol 00.
C.B. Arteixo
Aimán, Saúl, Fran, Daniel, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, Jose, Carlos e Víctor
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo comezará a segunda volta da liga recibindo ó Maristas Champagnat o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario