martes, 13 de enero de 2015

Cadete masculino: C.B. Laracha 36 - 64 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 8ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pavillón do IES Agra de Leborís de A Laracha.

36 - 64  (6-14 / 10-11 / 11-17 / 9-22)

Segunda victoria consecutiva para os xogadores de Iván García. Había dúbidas sobre como lles sentarían as vacacións ós arteixáns tras conseguir a primeira victoria da tempada xusto antes das vacacións de Nadal, e a verdade é que se ben se viron algo faltos de ritmo nalgún momento do partido, en xeral tiveron unha gran actuación.

Comezaba o partido cos de Arteixo moi concentrados e centrados na súa defensa, o que sería unha constante durante todo o partido. No ataque xogábase agresivo cara o aro e anotábase con facilidade.

O segundo periodo comezou un pouco peor que o primeiro, e despois dun tempo morto o equipo local situouse nunha defensa zonal 2-3 moi pechada que desconcertou un pouco máis ós de Arteixo. Por sorte, a través de dúas boas defensas púidose correr e anotar un par de canastras fáciles que deixaron as cousas tranquilas ó descanso (16-25)

Na segunda parte, as cousas melloraron aínda máis se cabe. A defensa zonal proposta polos locais xa non facía dano ós arteixáns, quenes movían o balón con criterio anotaban con facilidade, mentres que na defensa non se baixaban os brazos nin o ritmo conseguindo un parcial na segunda metade de 20-39 que o di todo

C.B. Arteixo
Saúl, Daniel, Aimán, Hugo, Mario, Carlos, Jose, Jacobo, Zas, Fran e Víctor
Non xogou Fabio por lesión
Adestrador: Iván García

A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá para pechar a primeira volta da liga ó Liceo La Paz o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario