Partido correspondente á 10ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
45 -40 (13-11 / 13-6 / 11-10 / 8-13)
Partido moi igualado no que os locais se baseaban nunha gran defensa, a que lles permitía ir tomando as primeiras vantaxes no marcador. Esa gran defensa, aumentou un punto no segundo periodo, permitindo que as diferenzas no marcador se situasen en torno ós 10 puntos a favor dos arteixáns.
Sen embargo, no ataque reinaba a precipitación que levaba ós de Arteixo a perder innumerables balóns, tanto no pase como no bote.
A segunda metade discurriu polos mesmos derroteiros con cómodas vantaxes sempre para os locais. Sen embargo, nos minutos finais apareceron os nervios e con eles os erros de canastras fáciles, as cales fixeron que Maristas se achegase un pouco no marcador. Se ben, a victoria nunca perigou, non se conseguiu superar a diferenza do partido de ida, quedando soamente igualada
C.B. Arteixo
Aimán, Saúl, Fran, Daniel, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, José, Carlos e Víctor
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo enfrontarase ó Obradoiro, previsiblemente o sábado ás 18:00 horas no Colexio Obradoiro de A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario