Partido correspondente á 6ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado por primeira vez en moitos anos o domingo ás 11:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
6 - 56 (0-20 / 2-26 / 4-10)
Partido que comezou cos arteixáns moi intensos na súa defensa a media pista, o que lles permitía cortar balóns no pase e finalizar accións en 1x0 e incluso ás veces en 2x0. Estívose acertado no pase ós compañeiros que corrían sós
No segundo periodo, a defensa continuaba a ser correcta, aínda que con máis despistes que no primeiro periodo, o que aproveitaban as de Esclavas para obter opcións de lanzamento preto do aro. No ataque o acerto era maior se cabe que no primeiro periodo, conseguindo canastras de contraataque, despois de circular o balón e tamén de rebote de ataque.
No terceiro periodo, o nivel de acerto de cara ó aro descendeu notablemente, así como a intensidade na defensa, onde se producían numerosos despistes na marcaxe, non se miraba ó balón ó defender, non se ía polo rebote,... Aínda así, Esclavas non era capaz de aprovietar estes despistes con canastras, anque sí con numerosos lanzamentos preto do aro, tanto en ataque estático como despois de rebote de ataque
Na segunda metade, o xogo dos nenos e nenas de Arkaitz mellorou. Concentrados na defensa e minimizando erros no pase, conseguían anotar con comodidade na maioría de situacións de ataque.
C.B. Arteixo
Víctor, Manu, Miriam, Gonzalo, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia e Lola
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo enfrontarase a Latorre en día, lugar e hora por confirmar, tratando de continuar coas boas sensacións de xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario