Partido correspondente á 8ª xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o sábado ás 12:30 horas no Pavillón de Elviña 2 de A Coruña.
30 -20 (8-2 / 10-8 / 6-5 / 6-5)
Comezaba o partido mal para os arteixáns, xa que non eran quen de atinar coa canastra local, pese a que conseguían xerar boas situacións de xogo no ataque contra a defensa zonal plantexada polos locais durante os 40 minutos. Na defensa contíñanse os 1x1 pero non se conseguía rebotear, do que se aproveitaban os locais para coller vantaxe no marcador (8-2)
No segundo periodo mellorouse o acerto de cara ó aro, sobre todo dende a liña de tiros libres despois de romper a defensa local, pero neste periodo seguían acertados os locais para manter a vantaxe no marcador ó descanso. Tivemos moitas opcións baixo o aro, pero non fumos capaces de atinar con asiduidade (18-10)
A segunda metade foi moi igualada. Os equipos comezaban a perder balóns nos pases e non se xogaba con moita calma, aínda así conseguíamos boas situacións de lanzamentos preto da canastra pero que seguíamos sen acertar (24-15)
O último periodo foi un calco do terceiro. Moi bo xogo dos arteixáns pasando o balón e movéndose, pero nulos no acerto de cara ó aro rival. Mellorouse no rebote defensivo, pero non foi suficiente para que se reflexase no marcador (30-20)
C.B. Arteixo
Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Gonzalo
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo enfrontarase na penúltima xornada da primeira fase ó BC 02 B en día e hora por confirmar
No hay comentarios:
Publicar un comentario