martes, 2 de diciembre de 2014

Infantil masculino: C.B. Arteixo 23 - 24 Liceo La Paz

Partido correspondente á 5ª xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 12:30 horas no Pavillón Elviña 2 de A Coruña.

23 -24  (0-6 / 9-10 / 6-2 / 8-6)

Comezou mal o partido para os arteixáns, que non eran capaces de crear situacións de vantaxe no ataque. Anque na defensa estaban correctos, non se transformaba en contraataques ou en chegadas con vantaxe (0-6)

No segundo periodo os arteixáns melloraron no ataque, foron máis intensos e agresivos no 1x1 conseguindo canastras e faltas para anotar dende o tiro libre. Os xogadores de Alex Muíño tamén anotaban con facilidade dende fóra da zona, mantendo a súa vantaxe no marcador (9-16)

O descanso sentoulle ben ós de Arteixo, que melloraron moito no seu nivel defensivo e no rebote en ámbalas dúas canastras. No ataque conseguían vantaxes pero non eran quen de conseguir anotar con comodidade, pero deixaban ós liceístas cunha soa canastra neste periodo (15-18)

O último periodo foi un toma e daca dos dous equipos en canto a oportunidades de gañar o partido, xa que a anotación non foi moi elevada. Os arteixáns tiveron tres oportunidades de levarse o partido, pero non foron quen de anotar en ningunha delas, incluso tiveron un lanzamento sobre a bocina para gañar (23-24)

Segunda derrota por un punto na tempada que non fai decaer os ánimos nin as ganas de traballar dos xogadores e dos adestradores. Agora queda a segunda volta co obxectivo de mellorar tanto individualmente e como equipo e tamén tratar de mellorar os resultados da primeira volta, pero sabendo que o segundo non se conseguirá sen o traballo e a mellora diaria nos adestramentos.

C.B. Arteixo
Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo, Gonzalo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana non haberá competición debido á Ponte da Constitución. Tampouco haberá partido a fin de semana do 13 e 14 de decembro, xa que o C.B. Arteixo terá xornada de descanso. A competición reanudarase a fin de semana do 20 e 21 de decembro contra Esclavas en día, hora e lugar por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario