Partido correspondente á 6ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 10:00 horas na Polideportiva de Riazor 2 de A Coruña.
74 - 39 (26-5 / 16-12 / 10-14 / 22-8)
Novo inicio desastroso dos arteixáns, regalando balóns na saída da presión e cunha defensa moi blanda no 5x5. No ataque os problemas seguían a ser os habituais.
No segundo periodo igualouse moito o partido, os arteixáns saían de xeito fluido da presión de BC e melloraron moito a súa defensa. Aínda así, o partido ó descanso estaba sentenciado (42-17)
Á volta do descanso, os arteixáns melloraron o seu xogo tanto no ataque como na defensa fixeron que o parcial do teceiro periodo fose a favor dos arteixáns.
O último periodo foi un mero trámite que ampliou a vantaxe de BC no marcador ata o 74-39 final
C.B. Arteixo
Aimán, Zas, Saúl, Fran, Jacobo, Mario, Hugo, Jose, Daniel, Carlos e Víctor
Adestrador. Iván García
A vindeira fin de semana non haberá xornada debido á Ponte da Constitución. A competición reanudarase o vindeiro 13 de decembro ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo contra o Mercedarias Hotel Suízo de Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario