Partido correspondente á 3ª xornada da Liga preminibasket mixto, disputado o sábado ás 12:30 horas no Pavillón Agra 3 de A Coruña.
56 - 22 (3-2 / 22-0 / 5-8 / 16-0 / 4-8 / 6-4)
Partido moi completo dos nenos e nenas de Arkaitz Collazo e Germán Lozano, aínda que con fases de moitos despistes defensivos e de erros no pase.
Comezaba o partido cos arteixáns defendendo moi intensos, o que facía que os coruñeses non anotasen con comodidade, pero tampouco estaban acertados de cara a canastra por moito que conseguisen boas situacións de lanzamento (3-2)
No segundo periodo as tornas do ataque cambiaron. A intensidade defensiva aumentou e conseguíronse moitas canastras de contraataque. No ataque tamén se conseguían situacións cómodas de lanzamento baixo o aro grazas ós pases e á solidaridade dos xogadores e xogadoras (25-2)
No terceiro periodo, a defensa baixou a intensidade e por consecuencia no ataque tampouco se estaba intenso. Numerosas perdas de balón no pase ou por abusar do bote e os despistes na defensa fixeron que os coruñeses se levasen o parcial deste periodo (30-10)
Á volta do descanso, novo apretón dos arteixáns tanto en intensidade como en xogo, que volvía a despegalos no marcador. A gran defensa e a solidaridade no ataque apareceron de novo no partido (46-10)
No quinto periodo instaurouse a igualdade no xogo. Non se conseguía pasar o balón con comodidade debido á defensa dos coruñeses e na defensa volvíase a producir algún que outro despiste (50-18)
O periodo final foi similar ó quinto, moita igualdade no xog, pero cos arteixáns sen deixar de traballar e intentar seguir a ser solidarios no ataque e intensos na defensa (56-22)
De novo gran partido por parte de tódolos nenos e nenas, que seguen a mellorar diariamente, a disfrutar co baloncesto e a facer disfrutar ós seus adestradores coa súa capacidade de traballo e de mellora.
C.B. Arteixo
Víctor, Miriam, Gonzalo, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia, Lola e Antón
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana non haberá competición debido á Ponte da Constitución, polo que a competición reanudarase o día 13 de decembro contra BC Cristo Rey en lugar e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario