martes, 25 de noviembre de 2014

Senior 4ª división: C.B. Arteixo 71 - 58 SCD Castrillón

Partido correspondente á 5ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

71 - 58  (20-14 / 29-13 / 9-16 / 13-15)

Bo inicio do partido por parte dos arteixáns, sobre todo na faceta anotadora, concretando rápidos contraataques e buscando boas opcións no ataque posicional. Sen embargo, o traballo defensivo non era demasiado bo (20-14)

Non cambiou o panorama no segundo periodo, no que os arteixáns anotaron un total de 29 putnos para chegar ó descanso con 49 puntos no seu marcador e unha diferenza de 22 puntos con respecto do rival (49-27)

Parecía que por fin teríamos un partido de bo nivel durante os 40 minutos, pero nada máis lonxe da realidade....
A segunda metade foi un completo desastre, ó deficiente traballo defensivo uniuse un inaceptable pasotismo ofensivo, e o partido transcorreu sen pena nin gloria de xeito soporífero.
Por sorte a vantaxa era sustanciosa e a victoria quedou na casa.

Hai que destacar o paso adiante mostrado por algúns xogadores, sobre todo na primeira metade, ese é o camiño!!!!

C.B. Arteixo
Jose (2), Pablo (16), Eloy (4), Cotelo (14), Manu (2), Diego (5), Fabián (8), Víctor (0), Arkaitz (4), Dylan (11), Adrián (0) e Daniel (5)
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo rendirá visita ó C.B. Laracha, que ven de gañar ó líder na súa pista, pero sabendo que se xogamos como na primeira metade teremos opcións de levarnos a victoria. O partido disputarase o sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de A Laracha

No hay comentarios:

Publicar un comentario