Partido correspondente á 6ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón San Xosé Obreiro de Meicende (Arteixo)
60 - 37 (6-9 / 13-7 / 18-6 / 23-15)
O partido tivo que cambiar o lugar de celebración debido a que o Pazo dos Deportes de Arteixo estaba impracticable debido ás goteiras aparecidas despois das choivas da noite do sábado.
O primeiro periodo foi o máis frouxo do partido, aínda que comezou cunha canastra dos arteixáns, os erros foron continuos (pases, lanzamentos,...) Con este panorama, os visitantes podían xogar cómodos, pero tampouco estaban moi acertados (6-9)
Comezou o segundo periodo coa mesma tónica que o primeiro. Pero segundo ía pasando o tempo, os locais ían asentando o seu xogo. Continuaban producíndose erros, pero melloraba a actividade na defensa permitindo que se remonte o resultado chegando ó descanso con vantaxe (19-16)
Á volta do descanso, os arteixáns seguen a mellorar pouco a pouco, sobre todo na defensa, o que lles permitía varias recuperacións de balón coas súas correspondentes canastras fáciles. O ataque posicional seguía amosando erros, pero grazas á defensa e a que o equipo era capaz de superar a defensa presionante dos visitantes, a diferenza ía aumentando para chegar ó final do periodo con 16 puntos de vantaxe (37-22)
O último periodo comezaba cos locais xogando os mellores minutos do partido. Superábase facilmente a presión dos xogadores de BC e antotábase en situacións de vantaxe clara. A defensa baixaba un pouco a intensidade, pero a diferenza aumentaba ata os 23 puntos finais (60-37)
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (5), Darío (14), Juanlu (12), Jonathan (6), Miguel Díaz (11), Javi (0), Leo (0), Antón (0), Jacobo (2) e Jose (10)
Adestrador: Fran Lozano
BC 98 B
Naya (17), Barral (4), Villar (6), Caamaño (0), Herrero (1), Mariño (2), Domingo (2), Lamora (5) e Muíños (0)
Adestrador: J. Pombo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo desprazarase a Cee para disputar o seu partido contra o C.E. Eume Cee en día e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario