martes, 25 de noviembre de 2014

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 45 -41 Caferlo C.B. Viveiro

Partido correspondente á 4ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado no Pavillón Municipal San Xosé Obreiro de Meicende (Arteixo)

45 - 41  (8-10 / 9-16 / 15-6 / 13-9)

O partido disputouse no Pavillón de Meicende debido ás goteiras aparecidas no Pazo dos Deportes de Arteixo, o que facía que estivese impracticable para poder disputar o partido.

Comezaba o partido cos dous equipos tanteándose. Os arteixáns baseaban o seu xogo no 1x1 exterior, mentres que os visitantes saían con 4 homes altos (preto dos 2 metros) para conseguir vantaxes preto da canastra. O desacerto foi a tónica xeral no periodo, que finalizaba cun pobre 8-10.

No segundo periodo os arteixáns mantiñan o nivel defensivo, pero atascábanse no ataque porque non se xeraban boas liñas de pase e se abusaba do bote. Desto aproveitáronse os visitantes, que grazas ó acerto dende a liña de 6,75 poñían terra de por medio no marcador ó descanso (17-26)

Á volta do descanso axustouse o ataque, buscando unha maior circulación de balón para conseguir boas posicións de xogo (aínda que o acerto non era excesivo). A defensa seguía a maniatar ós visitantes, que non circulaban o balón con comodidade e chegaban incluso a perder varios balóns por rematarse a posesión. Todo esto permitiu igualar o marcador ó final do periodo (32-32)

O último periodo comezou cun 5-0 de parcial grazas a unha tripla de Antelo e unha canastra de Iago, o que mellorou a confianza dos arteixáns no seu xogo de ataque. A defensa seguía a ser moi boa, chegando a tódolos balóns e pechando correctamente o rebote defensivo.
A falta dun minuto, os visitantes colocáronse a un punto de vantaxe grazas a unha canastra de Ferro, pero os arteixáns responderon cunha canastra de Luis dende o poste baixo e mantiveron a concentración e o acerto para conseguir levarse o partido por 45-41.

C.B. Arteixo
Alex Ocampos (2), Alex Antelo (12), Guille (2), Gaby (0), Iago (17), Rober (-), Ramón (2), Xoel (2), Jesús (-), Luis (2) e Andrés (6)
Adestrador: Germán Lozano

Caferlo C.B. Viveiro
Fero (5), F. Castro (1), Martínez (13), D. Gómez (4), Piñón (3), Neira (2), David Gómez (4), Souto (3), Pérez (0), Campos (-) e X. Castro (6)
Adestrador: Armando Otero 


A vindeira semana, o C.B. Arteixo desprazarase a Sarria para xogar contra o C.B. Sarria. O partido disputarase o sábado ás 18:00 horas no Pavillón do Novo Chanto

No hay comentarios:

Publicar un comentario