Partido correspondente á cuarta xornada da 4ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón de Brens de Cee.
44 - 41 (9-9 / 7-4 / 15-10 / 13-18)
Partido moi igualado no primeiro periodo, onde os de Arteixo buscaron moi ben as vantaxes no ataque, pero en moitas ocasións erraron no máis sinxelo (9-9)
O segundo periodo comezou peor todavía no aspecto anotador. O ritmo do partido era moi lento (o que favorecía ós locais) e no 5x5 xa non se atoparon as vantaxes no xogo. Pola contra, a defensa permitía ós arteixáns manterse no partido (16-13)
Á volta do descanso o xogo empeorou aínda máis e os de Cee amenazaron con romper definitivamente o partido con vantaxes por encima dos 10 puntos.
Todo parecía perdido, pero os arteixáns sacaron o seu carácter e metéronse no partido no último periodo.
Con igualdade chegouse ó último minuto de xogo e todo por decidir, pero os arteixáns sumaron unha serie de despropósitos que puxeron en bandexa a victoria ós de Cee
ACB Costa da Morte
Deril (9), Manu (15), Lucas (3), Tinín (9), Pais (4), Adrián (4), Jose (0), Diego (0), Nefri (0) e Cristian (0)
Adestrador: George Alvez
C.B. Arteixo
Fabián (11), Jose (5), Dylan (4), Cotelo (7), Pablo (6), Manuel (6), Arkaitz (2) e Daniel (0)
Non xogaron Eloy, Víctor, Adrián e Diego
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido ante SCD Castrillón o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario