Partido correspondente á segunda xornada do Grupo B Concentración da 2ª división infantil masculino, disputado o sábado ás 12:30 horas no Pavillón de Elviña 2 de A Coruña.
29 - 30 (9-4 / 7-8 / 9-12 / 4-6)
Gran partido o realizado polos xogadores do C.B. Arteixo ante un Dominicos que realizou unha defensa zonal 3-2 durante case os 40 minutos de xogo.
Iniciouse o partido cos arteixáns rebasando con facilidade no 1x1 e conseguindo boas situacións de lanzamento, aínda que non se conseguía anotar con facilidade. Sen embargo, a defensa era correcta, e sempre o xogador con balón estaba defendido (9-4)
No segundo periodo, o cansanzo comezou a notarse nos arteixáns, que xa non defendían igual que no primeiro periodo. No ataque seguían a conseguir boas situacións de lanzamento, e anotaban con certa comodidade (16-12)
Á volta do descanso o ataque dos arteixáns continuaba a ser igual que nos anteriores periodos, se conseguían boas posicións de lanzamento e se cargaba máis o rebote de ataque. O punto negro foi a defensa, xa que o balance defensivo non era bo e permitiu varias canastras en 1x0 ós visitantes (25-24)
O último periodo estivo marcado polas imprecisións por parte de ámbolos dous equipos. Moitos balóns perdidos tanto en pases como en bote e un acerto de cara ó aro case nulo. Chegouse ós últimos trinta segundos cos arteixáns por diante no marcador (29-28), os cales desperdiciaron tres ataques para gañar o partido. A defensa foi boa, pero un lanzamento dos visitantes conseguiu entrar e os puxo por diante a falta de 8 segundos (29-30).
Os arteixáns dispuxeron dun ataque para anotar, pero non foron quen de acertar co aro, perdendo pola mínima despois dun gran partido.
C.B. Arteixo
Víctor (alevín), Raúl, Zeus, Simón, Elías e Enzo
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra BC 02 B en día, lugar e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario