Partido correspondente á terceira xornada da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón do Colexio Compañía de María de Santiago.
70 - 67 (20-19 / 28-15 /18-11 / 4-22)
Chegou a primeira derrota para os xogadores de Germán Lozano en terras santiaguesas.
Comezaba o partido cos dous equipos buscando boas opcións de xogo e aproveitando as vantaxes que se creaban no xogo. Por moito que o intentaban as defensas, o acerto de cara ó aro foi moi elevado, pero non permitía a ningún equipo distanciarse no marcador (20-19)
No segundo periodo mantívose a tónica nos primeiros 4 minutos. A partir dese momento e tras dúas triplas consecutivas dos locais (ata 10 anotaron no partido) deuse un baixón na defensa dos arteixáns, o cal se extendeu ó ataque con falta de circulación de balón e exceso de botes. Todo esto traduciuse nun 28-15 de parcial, deixando ós locais con 14 putnos de vantaxe no marcador (48-34)
Á volta do descanso, os arteixáns intentaron limar pouco a pouco a diferenza, pero non foron capaces debido ó acerto dos locais dende a liña de triplas e dende o tiro libre. O ataque dos arteixáns seguía sen funcionar, chegando os locais a ter 25 puntos de vantaxe no marcador, que ó final do periodo se quedaron en 21 (66-45)
No periodo final, apareceu a intensidade defensiva dos arteixáns e o acerto de cara ó aro dos visitantes viuse menguado (só anotaron 4 tiros libres en todo o periodo). No ataque arteixán, o 1x1 era a base do xogo, aproveitando as vantaxes creadas para anotar. Tamén se dominaba o rebote en ámbolos dous tableiros, o que propiciaba o dominio do xogo por parte dos de Arteixo. Pouco a pouco foise limando a diferenza no marcador atachegar ós últimos segundos con tres puntos de desvantaxe.
Nese intre, os locais erraron os dous tiros libres dos que dispuxeron e os arteixáns tiveron o balón para poder empatar o partido, pero a tripla de Jesús non quixo entrar e a victoria quedou en Santiago (70-67)
Compañía de María
Pavón (2), Paz (15), Rodríguez (12), Rey (4), Isegunilla (6), Bellas (0), Rico (8), Sento (15) e Zas (8)
Adestrador: Manuel López
C.B. Arteixo
Guille (6), Ocampos (12), Jesús (22), Andrés (4), Gaby (0), Iago (3), Luis (7), Fabián (2), Rober (4), Xoel (0) e Ramón (7)
Non xogou Alex Antelo
Adestrador: Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá a visita do Caferlo Viveiro o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario