lunes, 10 de noviembre de 2014

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 78 - 58 Baloncesto Cambre

Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo entre o C.B. Arteixo e o Baloncesto Cambre.

78 - 58  (22-15 / 14-15 / 18-15 / 24-13)

Comezou o partido cos arteixáns moi metidos nel. Ataques nos que se rompía fácil no 1x1 e se conseguían vantaxes de cara ó aro que se finalizaron con canastra. Na defensa non se axustaba ben o 1x1 e permitíanse segundas oportunidades ós cambreses. Aínda así conseguise chegar por diante no marcador (22-15)

No segundo periodo, tras chegar a colocarse con máis de 10 puntos de vantaxe, chegou a páxara dos arteixáns. Non había intensidade defensiva, no ataque non se movía o balón e abusábase do bote, non conseguindo crear vantaxes. Chegouse ó descanso cun 36-30 favorable ós de Arteixo.

Á volta do descanso, mudou a intensidade dos arteixáns. Moi intensos na defensa e no ataque, aínda que este último non foi moi bo. Baseouse no 1x1 en bote e non na circulación de balón. No rebote defensivo mellorouse moito e xa non era fácil para os de Cambre conseguir segundas oportunidades. Con todo esto, a vantaxe dos arteixáns só era de 9 puntos (54-45)

No último periodo, conseguiuse un nivel de intensidade moi elevado, tanto no ataque como na defensa. Os visitantes non conseguían superar con facilidade no 1x1, non conseguían rebotes ofensivos. Mentres que os arteixáns aproveitaban o rebote para saír ó contraataque e anotar con certa comodidade, e no 1x1 volvían a crear vantaxes para que as aproveitasen os interiores xogando sen balón ou ben finalizando directamente (78-58)
Quizáis demasiada diferenza final para o visto no partido.

C.B. Arteixo
Guille (2), Alex Ocampos (6), Alex Antelo (14), Jesús (16), Gaby (5), Iago (10), Luis (2), Andrés (6), Rober (3), Xoel (0) e Ramón (14)
Adestrador: Germán Lozano

Baloncesto Cambre
Merino (4), Quintián (13), Cabado (0), Fernández (5), Alonso (0), Maroño (9), Galego (3), Casteleiro (10) e Freire (14)
Adestrador: Diego Fernández


Con esta nova victoria, o C.B. Arteixo sitúase invicto,nos postos altos da clasificación, empatado con Peleteiro e con Carballo A un paso.

A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo desprazarase a Santiago de Compostela para disputar o seu partido contra o Compañía de María de Santiago. O partido xogarase o sábado ás 20:00 horas no Pavillón do Colexio Compañía de María de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario