Xa temos o calendario de competición para o nos o equipo de preminibasket, que este ano continuará a ser adestrado por Víctor García.
A liga componse de 6 grupos, nos que se reparten 34 equipos. O C.B. Arteixo está encadrado no Grupo C xunto con outros 5 equipos:
- Vales Villamarín de Betanzos
- Calasancias
- BC Eusebio da Guarda
- Comerquet Culleredo
- Liceo La Paz
Os arteixáns comezarán a competición contra o BC Eusebio da Guarda a fin de semana do 16 de novembro e finalizarán este grupo a fin de semana do 21 de decembro contra o Liceo La Paz.
Unha vez finalizado este grupo, formarase outro de 6 equipos segundo a clasificación obtida.
Xornada 1 15/11/2014 C.B. Arteixo - BC Eusebio da Guarda
Xornada 2 22/11/2014 Vales Villamarín - C.B. Arteixo
Xornada 3 29/11/2014 C.B. Arteixo - Comerquet Culleredo
Xornada 4 13/12/2014 C.B. Arteixo - Calasancias
Xornada 5 20/12/2014 Liceo La Paz - C.B. Arteixo
(Os horarios de xogo serán confirmados semanalmente)
¡¡¡¡¡Moita sorte para os xogadores e adestrador para esta tempada!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario