Partido correspondente á 4ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o sábado ás 18:30 horas no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña entre o Maristas Coruña e o C.B. Arteixo.
95 - 49 (24-11 / 27-15 / 23-10 / 21-13)
Derrota contundente diante do Maristas Coruña, nun partido para esquecer case por completo. O resultado indica claramente que non houbo partido.
O partido comezou cos arteixáns movendo o balón no ataque e conseguindo situacións de lanzamentos liberados, aínda que non conseguían anotar. Pero á metade do periodo, os locais comezaron a controlar o partido e a distanciarse no marcador, anotando case en cada ataque (24-11)
O segundo periodo iniciouse ben para os arteixáns, chegando a colocarse a 7 puntos dos locais, pero un aumento na intensidade de xogo dos locais disparou de novo a diferenza no marcador e, sobre todo, no xogo. Os xogadores de Pablo Cayado comezaron a xogar a placer: roubos de balón, dominio do rebote, defensa que impedía a circulación do balón,... Os arteixáns víronse impotentes e os erros e a desmoralización permitiron que os locais chegasen ó descanso con 25 puntos de vantaxe (51-26)
Co partido practicamente sentenciado, os visitantes intentaron mellorar o xogo de equipo, pero os locais pasaron como un "ciclón" sobre eles e pouco a pouco a diferenza no marcador foi aumentando. Non permitiron a máis mínima oportunidade ós arteixáns, estando intensos todo o partido, para chegar á diferenza final de 46 puntos (95-49)
Moito que traballar queda para mellorar e facer que non volva a pasar o do sábado, que, aínda que nos enfrontamos ó mellor equipo do grupo, a imaxe dada non foi boa e non se dou a medida que se pode dar.
Maristas Coruña
Barboza (0), Abelleira (43), Montesinos (0), Sánchez (6), Gómez (13), Vila (6), Cabeza (2), Corbalán (19), Imbernón (0) e Pose (6)
Adestrador: Pablo Cayado
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (4), Darío (17), Juanlu (6), Jonathan (2), Miguel Díaz (20), Fabio (0), Javi (0), Leo (0) e Antón (0)
Adestrador: Fran Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non disputará xornada debido a que lle corresponde descansar ó ser un grupo cun número de equipos impar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario