Partido correspondente á 5ª xornada da 2ª división cadete masculina, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
47 - 68 (11-25 / 19-13 / 10-14 / 7-16)
Partido marcado por un inicio bastante frouxo por parte do equipo arteixán, que a través dunha frouxa defensa encaixaba canastra tras canastra con facilidade. O ataque era correcto, pero as distancias fóronse ata os 15 puntos. Unha losa demasiado grande para un equipo que aínda está nos inicios do que debería ser (11-25)
Aínda así o segundo periodo mostrou todo o potencial que ten este equipo dentro e conseguiuse un parcial favorable de 19-13, para chegar ó descanso cun 30-38 no marcador.
O terceiro periodo comezou de xeito moi prometedor para os arteixáns, que se colocaron a tan só 4 puntos do seu rival, pero unha serie de erros consecutivos elevaron de novo a diferenza ós 12 puntos, facendo imposible unha nova remontada.
A pesar das catro derrotas cremos que estamos no bo camiño, non podemos desfalecer!!!! Moito ánimo equipo!!!
C.B. Arteixo
Aimán, Fabio, Saúl, Fran, Dani, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, Jose, Carlos e Víctor
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo rendirá visita ó Basquet Coruña 00 previsiblemente o sábado ás 10:00 horas no Pavillón do Ventorrillo de A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario