Partido correspondente á primeira xornada do grupo mixto da liga Minibasket, disputado o sábado ás 9:30 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.
2 - 53 (0-24 / 2-14 / 0-8 / 0-5 / 0-2 / )
Iniciou a liga o equipo minibasket mixto de Arkaitz Collazo e Germán Lozano cunha contundente victoria ante o Franciscanos.
Comezou o partido cos arteixáns moi metidos no partido, cunha moi boa defensa nas liñas de pase e no 1x1, o que lles permitiu anotar moitas canastras en 1x0 (0-24)
No segundo periodo, mantívose a calidade da defensa, pero no ataque non se estivo tan acertado como no periodo anterior (2-38)
O terceiro periodo foi malo para os arteixáns de cara ó aro, pero sí continuaron realizando un bo xogo baseado no pase e sen abusar do bote (2-44)
Despois do descanso, a intensidade defensiva seguía a ser a mesma que durante a primeira metade, ó que se lle sumaba a realización de axudas na defensa. Sen embargo, o acerto de cara ó aro seguía descendendo (2-51)
No quinto periodo, a diferenza no marcador superaba os 50 puntos, polo que se pechou o acta. Aínda así, os arteixáns non deixaron de traballar durante todo o partido e realizando o posto en práctica nos adestramentos.
Gran traballo por parte de tódolos nenos e nenas do C.B. Arteixo, sendo solidarios e intentando pasarlle o balón ó compañeiro mellor situado e realizando un bo traballo defensivo.
C.B. Arteixo
Víctor, Manu, Miriam, Abel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia, Lola e Antón
Non xogaron Gonzalo e Ángel
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo terá xornada de descanso, polo que volverá á competición a fin de semana do 29 e 30 de novembro contra o BC Eusebio da Guarda
No hay comentarios:
Publicar un comentario