miércoles, 19 de noviembre de 2014

Preminibasket: C.B. Arteixo 41 - 25 BC Eusebio da Guarda

Partido correspondente á primeira xornada do Grupo C da Liga preminibasket, disputado o sábado ás 11:00 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.

41 25  (4-0 / 6-2 / 12-0 / 11-8 / 6-2 / 2-11)

Comezou a liga para os máis pequenos do C.B. Arteixo cunha victoria. Os nenos e nenas de Víctor García comezaron o partido con moitas ganas e defendendo con moita intensidade, aínda que o acerto de cara ó aro era moi baixo (4-0)

No segundo periodo, a tónica seguía a ser a mesma, pero varios despistes na defensa que permitiron ós visitantes anotar unha canastra en xogo (10-2)

No terceiro periodo, o acerto no ataque mellorou notablemente, mantendo o mesmo nivel defensivo, o que axudou a aumentar a vantaxe no marcador (22-2)

Despois do descanso, o equipo contrario aumentou o seu acerto de cara ó aro, axudado tamén pola baixada na intensidade defensiva por parte dos arteixáns. No ataque, os arteixáns mantiñan o acerto, o que lles permitía manter a vantaxe no marcador (33-10)

No quinto periodo, aumentou a intensidade defensiva por parte de ámbolos dous equipos, polo que non foi tan fácil anotar (39-12)

No último periodo, os arteixáns deixaron de facer o seu xogo e entraron na pista sen intensidade, o que aproveitaron os visitantes para reducir as diferenzas no marcador ata o 41-25 final.

C.B. Arteixo
Brais, Iker, Martín, Diego, Carla, Lucas, Jorge, Aharón, Alex e Rubén
Fátima non xogou por lesión
Adestrador: Víctor García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Vales Villamarín de Betanzos en día, lugar e hora por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario