lunes, 10 de noviembre de 2014

Infantil masculino: C.B. Arteixo 22 - 40 Esclavas

Partido correspondente á 2ª xornada do Grupo Concentración B, disputado o domingo ás 11:15 horas no Pavillón de Elviña 2 de A Coruña entre o C.B. Arteixo e o Esclavas

22 - 40  (2-22 / 12-4 / 3-7 / 5-7)

Primeiro partido da tempada para o infantil de Germán Lozano e de Arkaitz Collazo. Contouse coa axuda dos xogadores do equipo de minibasket Víctor, Manu e Iago.

Non puido comezar peor o partido, xa que os de Arteixo entraron no partido con nervios e sen mostrar todo o bo traballo realizado durante estes meses de adestramentos. A defensa era nula e o ataque moi atropelado, o que provocou continuos contraataques en 1x0 para Esclavas. Finalizou o periodo cun 2-22 de parcial.

No segundo periodo cambiaron as tornas por completo. Os arteixáns comezaron a defender con actitude, a pasar ben o balón no ataque e a anotar con comodidade, rebaixando a desvantaxxe ata os 12 puntos ó descanso (14-2

Á volta do descanso, o ataque non funcionaba e o cansanzo comezaba a notarse nos arteixáns. Desto aproveitáronse os de Esclavas, que aínda que non conseguían anotar con facilidade, os de Arteixo tampouco eran capaces de finalizar accións con éxito. Finalizou o periodo con 17-33 no marcador.

O último periodo foi similar ó terceiro. Moitas imprecisións e moito cansanzo por parte dos arteixáns, o que impediu reducir a diferenza no marcador (22-40)

Hai moito camiño por recorrer e moito por traballar, pero estase en boa liña nos adestramentos. Só hai que plasmalo tamén nos partidos.

C.B. Arteixo
Enzo, Víctor, Manu, Zeus, Raúl, Iago, Elías e Simón
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo

A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo enfrontarase ó Dominicos, de novo como equipo local, en día e hora por confirmar

No hay comentarios:

Publicar un comentario