Partido correspondente á 3ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
42 - 64 (11-11 / 13-16 / 11-23 / 7-14)
De novo o partido non se presentaba ben para os de Fran Lozano, á baixa de Miguel Cruz por lesión, xuntábaselle a de Juanlu a última hora. Non se podía contar cos cadetes, xa que tiñan partido ás 17:00 horas, polo que só se contou con 6 xogadores para afrontar o partido.
Aínda así, igual que no primeiro partido, os arteixáns comezaron o partido moi ben, con bos movementos na pista, atopando boas posicións de xogo e tomando a iniciativa no marcador, aínda que as distancias eran mínimas. Finalizou o periodo con empate a 11 no marcador
O segundo periodo seguiu polo mesmo camiño, anque xa se notaba que os locais comezaron a sufrir na defensa e tamén no ataque con varias perdas de balón. Con todo esto, mantíñase a igualdade no marcador, chegando ó descanso con 3 puntos de desvantaxe (24-27)
A segunda metade comezou con boas sensacións. O equipo seguiu aguantando, pero a partir do minuto 3, a superioridade física dos visitantes e o cansanzo acumulado, van provocando que as distancias vaian aumentando pouco a pouco ata finalizar o periodo con 15 puntos de desvantaxe para os arteixáns (35-50)
Co equipo moi cansado comezou o último periodo. E, igual que no partido anterior, no primeiro minuto Miguel Díaz prodúxose un esguince no tobillo ó saltar a por un rebote, tendo que deixar o partido. Se xa estaba complicado, esta situación deixou ó equipo roto mentalmente e os erros foron continuos ata o final, sen capacidade física nin psicolóxica para rebaixar a diferenza no marcador, que ó final foron os 22 puntos indicados (42-64)
Con todo, mentres que as forzas acompañaron, o equipo foi quen de competir e pelexar polo partido. Esperemos que non se produzan máis lesións e, co equipo ó completo, poder pelexar e competir nos partidos e ir mellorando pouco a pouco nos adestramentos, que tamén se ven afectados.
C.B. Arteixo
Darío (18), Jonathan (5), Miguel Díaz (11), Javi (5), Leo (2) e Antón (1)
Adestrador: Fran Lozano
BCA 97
Reveño (6), Carreja (6), Ghambir (10), Rampa (6), Otero (2), Castro (3), Eiroa (16), Rama (2), González (6) e Cabarcos (7)
Adestrador: Villada
A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o partido aprazado da segunda xornada de liga fronte ó Baloncesto Cambre Revesduyo, buscando a primeira victoria da tempada. O partido disputarase o domingo 2 de novembro ás 17:00 horas no Pavillón Sofía Toro de Cambre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario