Partido correspondente á 1ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón do Carregal de Betanzos.
52 -72 (20-13 / 9-12 / 11-21 / 12-26)
Comezou o partido cos dous equipos tanteándose, aínda que foron os locais os que comezaron a separarse no marcador grazas á defensa e ó dominio do rebote. Os arteixáns non seleccionaban ben o ataque e non se escollían boas situacións de lanzamento. Tampouco o balance defensivo era bo, polo que os locais podían correr e facer o seu xogo. Finalizou o periodo con 7 puntos de vantaxe para os de Jaime Rodríguez (20-13)
No segundo periodo, os arteixáns seguían facendo augas na defensa, chegando os locais a colocarse con vantaxes superiores ós 10 puntos. Un cambio a defensa zonal por parte dos arteixáns conseguiu paliar a capacidade reboteadora local e atascar o seu ataque. No ataque arteixán seguía sen moverse o balón todo o veloz que se desexaba, pero conseguiuse reducir a vantaxe ó descanso (29-25)
Á volta do descanso, a defensa zonal dos arteixáns seguiu a funcionar. Atascaba o ataque local e non deixaba que dominasen o rebote igual que no primeiro periodo. A todo esto hai que xuntar o despertar de Alex Antelo dende a liña de triplas, con 3 consecutivos para poñer a igualdade no marcador e a facilidade para desbordar no 1x1 no ataque. Mencionar tamén a intensidade e a boa realización da defensa zonal, chegando ben ó balón e rotando correctamente. Así os arteixáns déronlle a volta ó marcador, finalizando o periodo con 6 puntos de vantaxe (40-46)
No último periodo, os arteixáns continuaron dominando dende a defensa e saíndo con velocidade ó ataque. Os locais intentaron unha defensa zonal, que foi rota polos arteixáns con facilidade grazas a varios despistes locais, facendo que volvesen á defensa individual. Unha vez superada a decena de puntos de vantaxe, os arteixáns non deixaron de xogar con intensidade e con intelixencia para levarse a victoria finalmente por 20 puntos de diferenza (52-72) que non demostra a diferenza real do partido.
Santo Domingo Betanzos B
Pérez (8), Lendoiro (0), Regueiro (12), Sánchez (3), Cruz (0), Fernández (3), García (0), Gibson (11), Martínez (1) e Pena (14)
Adestrador: Jaime Rodríguez
C.B. Arteixo
Guille (2), Alex Ocampos (3), Alex Antelo (16), Jesús (14), Andrés (8), Gaby (2), Iago (17), Luis (6), Rober (2) e Xoel (2)
Non xogou Ramón por motivos persoais
Adestrador: Germán Lozano
A próxima fin de semana non haberá xornada, debido ó festivo de Tódolos Santos. O próximo partido disputarase o domingo 9 de novembro ás 12:00 horas contra o Baloncesto Cambre no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario