Partido correspondente á 2ª xornada da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
45 - 40 (17-8 / 8-9 / 7-16 / 13-7)
primeiro periodo cun moi bo nivel por parte dos arteixáns, cunha moi boa defensa en tres cuartas partes da pista e cun ritmo alto de xogo. Sen embargo o que debía ser unha cosntante no xogo, convertiuse nun espellismo e o magnífico 17-8 do primeiro inicial deu paso a dous periodos soporíferos por parte dos xogadores de Iván García.
Volveron as pantasmas do partido anterior: despistes defensivos inexplicables, falta de intensidade, perdas de balón en situacións de vantaxe... En fin, típico desastre que levou ós dous equipos a chegar igualados ó último periodo.
Neste último periodo, cando parecía que a veteranía dos visitantes se impoñería, apareceu de novo a casta dos arteixáns, que baseándose novamente nunha gran defensa e minimizando erros no ataque conseguiu levarse a victoria.
C.B. Arteixo
Jose (2), Eloy (0), Cotelo (9), Manu (6), Fabián (10), Víctor (4), Arkaitz (4), Dylan (6), Adrián (2), Pablo (2) e Daniel (0)
Non xogou Diego
Adestrador: Iván García
A próxima fin de semana non haberá xornada debido á festividade do Día de Tódolos Santos. A competición reanudarase a fin de semana do 8 e 9 de novembro contra ADFRO B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario