Partido correspondente á 10ª xornada do Grupo A-3 da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no IES Agra de Leborís de A Laracha.
47 - 44 (12-15 / 12-11 / 12-10 / 11-8)
Comezou ben o partido para os de Arteixo, movendo ben o balón ante a zona presentada polos locais. Varios lanzamentos dende o lateral, unha tripla e dúas accións interiores deixaron unha vantaxe cómoda para os arteixáns. Pero varios despistes na defensa e no rebote deixaron a vantaxe en só 3 puntos ó finalizar o primeiro periodo (12-15)
No segundo periodo reinou a igualdade no marcador. Os locais apretaban moito para poñerse por diante, pero non eran capaces. Mentres que os arteixáns tiñan problemas para atacar a defensa visitante, que non permitía meter balóns interiores. Chegouse ó descanso cun 24-26 no marcador.
Á volta do descanso, os arteixáns saíron completamente fóra do partido, recibindo un 7-0 de parcial en 2 minutos. Tempo morto para volver a conectarnos ó partido. Conseguímolo pouco a pouco grazas ó traballo no rebote e á ciruclación de balón no ataque, aínda que non estabamos nada acertados dende o triple. Chegouse ó final do periodo con empate a 36 e todo por decidir no último periodo.
No último periodo houbo máis corazón que cabeza no xogo. Os locais basaron os seus ataques no acerto de Brandón (9 puntos) e os visitantes en Juan (8 puntos). Á metade do periodo, os locais poñíanse con 5 puntos de vantaxe, xa que os arteixáns non eran capaces de anotar. A partir de aí apareceu Juan con catro canastras consecutivas para igualar o marcador, pero unha nova tripla de Brandón poñía ós locais con 3 puntos de vantaxe a falta de menos dun minuto.
Neste último minuto, houbo opcións para os dous equipos de sentenciar, pero o balón non quixo entrar. A falta de 18 segundos Pavo tivo unha tripla só que se saíu do aro. No seguinte ataque, os locais trataron de agotar a posesión, pero tras unha falta e poñer o balón en xogo de novo, os de A Laracha perderon o balón deixando 10 segundos ós arteixáns para empatar.
Preparouse xogada para buscar o empate, buscáronse varias opcións de lanzamento pero a boa defensa local e unha mala decisión no último segundo non permitiu que os arteixáns lanzasen á canastra, perdendo o partido por 47-44.
Por parte do C.B. Laracha xogaron Martínez (7), J. Graña (2), García (2), Peña (11), L. Graña (2), Brandón (12), Castillo (0), Soto (5), Vázquez (6), Cancela (0) e Guarddon (0)
Adestrador: Alberto García
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel (5), Cotelo (8), Juan (10), Pavo (12), Víctor (3), Arkaitz (0), Dylan (2) e Dany (4)
Adestrador: Germán Lozano
Con este partido, o C.B. Arteixo finaliza na 4º posición do Grupo A-3 cun balance de 3 victorias e 5 derrotas.
Despois da Semana Santa comezará a Copa Primavera na que trataremos de realizar un bo papel e chegar o máis lonxe que poidamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario