Partido correspondente á 10ª xornada do Grupo A-3 da 2ª división junior masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas na Polideportiva de Riazor II de A Coruña.
33 - 49 (6-21 / 11-2 / 6-17 / 10-9)
Comezaban os de Arteixo moi intensos na defensa e circulando o balón no ataque para conseguir boas opcións de lanzamento. A defensa local non era quen de parar ós arteixáns e tampouco eran capaces de superar a defensa dos visitantes, sendo capaces de anotar só dúas triplas en todo o periodo (6-21)
O segundo periodo foi nefasto por parte dos de Arteixo. Intensidade defensiva nula, sen axudas e no ataque non se movía o balón con criterio nin se buscaban boas opcións de 1x1. O parcial do periodo o di todo (11-2), deixando o partido igualado ó descanso cun 17-23.
Á volta do descanso os de Arteixo volveron poñerse as pilas atrás, dominando o rebote defensivo e saíndo con facilidade ó contraataque. No ataque estático buscábanse balóns interiores para aproveitar a vantaxe creada dende o poste baixo. Volvían os arteixáns a despegarse no marcador (23-40)
No último periodo volveu a baixar a intensidade dos arteixáns, pero non tanto como no segundo periodo. Desta vez o balón si que circulaba e a defensa seguía a ser intensa, pero non o sufuciente para deter os ataques locais. Finalizou o partido cun 33-49 a favor dos de Arteixo.
Por parte do Fogar de Santa Margarida xogaron Varas (2), Feijoo (2), Fitzpatrick (2), Blanco (1), Sánchez (7), Insua (0), Rama (6), Rioja (3), Reparaz (4) e Pardiñas (6)
Adestrador: Jose Ángel Lista
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (13), Natahel (0), Diego Felípez (13), Miguel (12), Leo (0), Edu (8), Eloy (0), Diego Pérez (1), Jacobo (0) e Fabián (2)
Adestrador: Germán Lozano
Con esta victoria, o equipo acaba na primeira posición do Grupo A-3 cun balance de 8 victorias e 0 derrotas.
Despois da Semana Santa comezarase a disputar a Copa Primavera, na que esperamos realizar un bo papel e chegar o máis lonxe posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario