Partido correspondente á 8ª xornada do Grupo A-3 da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
36 - 37 (7-17 / 6-5 / 16-10 / 7-5)
Comezaban mal os de Arteixo no partido. Moi brandos na defensa e sen mover o balón ante a zona visitante. Todo esto traduciuse nun 7-17 ó rematar o primeiro periodo, que presaxiaba unha debacle local para os seguintes minutos.
No segundo periodo o nivel ofensivo local non facía presaxiar nada bo, pero os visitantes non estaban nada acertados no seu ataque, o que facía que ó descanso se chegase co partido sen resolver definitivamente (13-22)
Á volta do descanso, cambiou por completo a mentalidade e a intensidade dos arteixáns. Apretaron na defensa e a circulación do balón no ataque foi moi boa, o que posibilitaba balóns preto do aro e lanzamentos exteriores liberados. Ó finalizar o periodo, o marcador sinalaba un 29-32 para os ferroláns.
No último periodo, volveu a baixar o nivel de acerto ofensivo en ámbolos dous equipos, pero a defensa local seguía coa intensidade do terceiro periodo. A falta de 3 minutos, empatouse o marcador a 34 grazas a unha tripla de Pavo, pero pouco máis se movería de aí ó final. No último minuto sucedéronse diversas accións que deixaron o marcador cun punto de vantaxe para os ferroláns. Tres ataques tiveron os de Arteixo para darlle a volta ó marcador, pero non foron quen de anotar, deixando finalmente que a victoria fose para Ferrol por 36-37.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel (6), Cotelo (6), Juan (0), Pavo (5), Víctor (2), Arkaitz (11), Dylan (0), Adrián (0), Pablo (6) e Dany (0)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do Ferrol C.B. xogaron Morate (9), García (13), Pardo (7), Villadóniga (6), González (2) e Ruiz (0)
Adestrador: Luis Barbeito
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o último partido desta segunda fase na pista do C.B. Laracha. O partido disputarase previsiblemente o domingo ás 19:00 horas no IES Agra de Leborís de A Laracha
No hay comentarios:
Publicar un comentario