Partido correspondente á 22ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
78 - 49 (19-7 / 21-10 / 14-17 / 24-15)
Última xornada da liga, na que os nosos se xogaban a permanencia na categoría, unha vez sabido que o C.B. Celtas perdera o sábado en Carballo. Polo tanto, a victoria aseguraba a permanencia.
Os arteixáns saíron cunha gran intensidade e concentración. No ataque movíase ben o balón para boas opcións de lanzamento, tanto cerca como lonxe do aro. Deste xeito, un parcial inicial de 10-0 facía que o equipo se fose asentando e finalizase coa posibilidade de que os nervios aparecesen. Finalizou o periodo cun 19-7
No segundo periodo máis do mesmo. O equipo dominaba o partido grazas á intensidade defensiva, cun gran sentido da anticipación, que provocaba varias recuperacións de balón e canastras fáciles coas que se ía ampliando a diferenza no marcador. Ó descanso o partido quedaba case sentenciado cun 40-17 no marcador.
Despois do descanso, os arteixáns relaxaron un pouco a intensidade, perdendo varios balóns en situacións precipitadas e permitindo situacións fáciles de canastra para os visitantes. Esto fixo que os visitantes gañasen o parcial do periodo, pero a diferenza seguía a ser moita a favor dos arteixáns (54-34)
No último periodo os locais volveron a ter a concentración e a intensidade da primeira metade. Houbo un intercambio de canastras ó principio do periodo, pero os locais volveron a aumentar a vantaxe no marcador ata pasar dos 30 puntos de diferenza, pero nos últimos minutos perderon varios balóns e os visitantes recortaron a vantaxe ata os 29 puntos finais (78-49)
Grazas a esta victoria, selouse a permanencia do equipo na categoría despois dunha tempada irregular.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Rober Garnelo (4), Alex Ocampos (14), Alex Antelo (12),
Guille Conchado (12), Guille Vilanova (0), Manu (24), Ramón (12) e Fabián (0)
Adestrador: Fran Lozano
Por parte do C.D. Recimil xogaron P. López (2), C. López (4), Rivera (4), Freire (5), Gómez (8), Castro (4), Sedes (13), Fernández (0) e Meizoso (9)
Adestrador: Agustín Arcos
Agora só queda a fase de clasificación para determinar o 17º e o 18º clasificado. Será nunha eliminatoria a dobre partido contra o C.B. Baiona Torvigo. En principio, o partido de ida disputarase o domingo 27 de abril ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo e o partido de volta o sábado 3 de maio ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona
No hay comentarios:
Publicar un comentario