lunes, 7 de abril de 2014

Junior: C.B. Arteixo 47 - 30 BCA 97

Partido correspondente á 9ª xornada do Grupo A-3 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

47 - 30  (15-6 / 10-8 / 7-12 / 15-4)

Comezaba o partido cos de Arteixo mandando no marcador, apoiados nunha boa defensa e no dominio do rebote defensivo. No ataque conseguíanse situacións de 1x1 con vantaxe para anotar ou ir á liña de tiros libres. Os visitantes non eran quen de anotar con comodidade e non eran capaces de deter os 1x1 locais. Finalizou o primeiro periodo 15-6

No segundo periodo as forzas igualábanse. A defensa visitante era máis intensa e os locais non conseguían rompela coa facilidade do primeiro periodo. Ademais, as perdas de balón no pase dos locais fixeron que o nivel ofensivo do equipo baixase bastante. Chegouse ó descanso 25-14 no marcador

Á volta do descanso chegaron os peores momentos dos locais. A defensa dos visitantes aumentaba máis a súa intensidade e o ataque atascouse. Non se conseguía circular o balón nin se atacaba o aro en 1x1. A todo esto hai que sumarlle as 3 triplas  consecutivas dos visitantes, que se achegaron no marcador ata os tres puntos. Pero a partir de aí, o dominio baixo os aros de Diego Felípez volveu a darlle vantaxe ós de Arteixo para finalizar o periodo cun 32-26 no marcador.

No último periodo, o nivel de intensidade ofensiva dos locais volveu a ser o adecuado e conseguiron distanciarse no marcador grazas ós balóns interiores e ás chegadas en contraataque. Os visitantes non eran quen de superar a defensa local, polo que a diferenza final quedou en 17 puntos (47-30)

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (12), Diego Felípez (11), Miguel (6), Leo (0), Iván (1), Edu (5), Eloy (0), Diego Pérez (4), Jacobo (0) e Fabián (8)
Adestrador: Germán Lozano

Por parte de BCA 97 xogaron A.D. Fernández (4), Paniagua (0), Ríos (15), Lesta (5), Xuiz (2), Otero (4), Rojo (0), Barrera (0), Castro (0) e Fernández (0)
Adestrador: Jorge Varela


Con esta victoria, os nosos junior certifican o liderato do Grupo A-3 a falta dunha xornada por disputarse. A vindeira fin de semana, visitarán ó Fogar de Santa Margarida o sábado ás 16:00 horas na Polideportiva de Riazor 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario