martes, 25 de marzo de 2014

Preminibasket: E.B. A Laracha B 61 - 21 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 13ª xornada da Liga Preminibasket, disputado o sábado ás 17:45 horas no Pavillón Agra II de A Coruña.

O partido estivo marcado polo escaso acerto de cara ó aro dos pequenos de Arteixo.

No primeiro periodo non acertaron os de Arteixo de cara á canastra, debido ás poucas oportunidades permitidas pola boa defensa do equipo contrario. Os despistes na nosa defensa propiciaron que o equipo local se distanciase moito no marcador.

No segundo periodo, conseguimos aumentar as oportunidades de lanzamento, anque seguía a ser moi baixo o acerto de cara ó aro, conseguindo só dúas canastras neste periodo.

No tercerito periodo, o equipo púxose as pilas e aumentou o nivel defensivo e o nivel de acerto de cara ó aro, pero a diferenza no marcador seguía aumentando a favor dos de A Laracha.

Despois do descanso a defensa baixou moito e, aínda tendo un nivel de acerto aceptable no lanzamento, non se conseguiu igualar o tanteo.

No quinto periodo volveuse a quedar en branco o marcador do parcial, mantendo un bo nivel de actitude na defensa para intentar que o marcador non sinalase unha vantaxe aínda maior.

O último periodo foi o único no que o acerto de cara ó aro foi o que estamos acostumados a ver nos pequenos de Arteixo, conseguindo igualar o marcador nese periodo, pero a diferenza xa era moi grande, para rematar o partido cun 61-21


Neste partido notouse un cambio no equipo, cunha intensidade á que non están acostumados a xogar. Hai que seguir traballando e disfrutando nos adestramentos para volver á intensidade de xogo correcta e intentar mellorar o acerto de cara ó aro para seguir coa mellora conseguida ó longo da tempada e non estancarse na aprendizaxe.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Iker, Martín, Víctor, Diego, Carla, Manu, Lucas e Jorge
Adestrador: Víctor García


Con este partido, remata a competición para os máis pequenos do Club cun balance de 6 victorias e 7 derrotas en 12 partidos. Pero o máis importante é ver como os nenos e nenas disfrutan cada día de adestramento e en cada partido que xogan (gañen ou perdan) e ver a mellora dende o principio dos adestramentos ata o día de hoxe.

Á volta da Semana Santa, volverá a competición coa disputa da Copa Primavera de Preminibasket


No hay comentarios:

Publicar un comentario