martes, 25 de marzo de 2014

Infantil masculino: Ferroatlántica Costa da Morte 40 - 67 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 4ª xornada do Grupo A-3 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Cee.

40 - 67 (11-16 / 8-12 / 16-21 / 5-18)

Sabíamos dende o principio que a clave do partido sería o control do ritmo de xogo para poder levarse o partido. E esa foi a loita...

Durante os primeiros 25 minutos os de Cee impuxeron o seu xogo, posesións longas e escasos contraataques presidían o partido.

Pero a mediados do terceiro periodo todo cambiou como por arte de maxia... Os de Arteixo subiron liñas defensivas, a defensa mellorou un 100% e comezaron a controlar o rebote defensivo. A partir de aí todo foi máis fácil, o xogo foi moito máis rápido e os arteixáns marcháronse definitivamente no marcador ante chegar á diferenza final de 27 puntos (40-67)

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Fabio, Saúl, Raúl, Simón, Fran, Jacobo, Hugo e Dani
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Ferrol C.B. o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Un equipo fisicamente moi forte, co obxectivo de mellorar o papel do partido de ida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario