Partido correspondente á 6ª xornada do Grupo A-3 da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
48 - 42 (10-10 / 12-9 / 12-9 / 14-14)
Comezaba mal o partido para os de Arteixo. Atacaban sen xeito a defensa zonal visitante, non había balóns interiores e na defensa estaban despistados, o que provocaba as primeiras vantaxes dos visitantes. Corrixiuse esto a partir do minuto 5, sobre todo a defensa, igualando o marcador ó final do periodo grazas a dúas triplas despois de boas circulacións de balón (10-10)
No segundo periodo, mantíñase a igualdade, pero a falta de balóns interiores no ataque arteixán impedíalle plasma o bo xogo con vantaxes no marcador. Unha serie de contraataques e de ataques pasando o balón polos pívots deixou as primeiras vantaxes no marcador para os de Arteixo, chegando ó descanso con vantaxe de 3 puntos (22-19)
Á volta do descanso, os arteixáns mantiveron unha boa intensidade defensiva e dominando o rebote defensivo. No ataque a circulación de balón era máis fluida e as opcións de lanzamento eran mellores, anque non acertaban de todo de cara ó aro. Finalizou o periodo con 6 puntos de vantaxe para os arteixáns (34-28)
No último periodo, conseguiron os arteixáns despegarse no marcador grazas á intensidade defensiva e ós contraataques tras roubo de balón e tras rebote defensivo, chegando a ter vantaxes de 10 puntos. Nos últimos minutos debido ós erros nos tiros libres (4/19 en todo o partido) e a varios ataques finalizados en canastra dos visitantes, a vantaxe quedou en 6 puntos para os locais (48-42)
Por parte do C.B. ARteixo xogaron Miguel (0), Cotelo (0), Juan (8), Pavo (10), Víctor 810), Arkaitz (11), Dylan (2), Pablo (5) e Dany (2)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte de Vintage 67 xogaron Núñez (6), Carrodeguas (2), Lijo (8), Castillo (4), Sarasola (2), Méndez (2), Souto (8), Oxinalde (0), López (7) e Domínguez (3)
Adestrador: Nacho Pena
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo terá que doblar xornada. O sábado xogará en Cee fronte ó ACB Costa da Morte, previsiblemente o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Cee e o domingo xogará contra o Ferrol C.B. ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario