martes, 25 de marzo de 2014

Senior 2ª división: Culleredo 73 - 56 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 21ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de O Burgo (Culleredo)

73 - 56  (15-17 / 23-20 / 20-4 / 15-15)

Nova derrota do equipo de Fran Lozano, nun partido que se decidiu no terceiro periodo cun parcial de 20-4 a favor dos locais.

Comezou o partido cos arteixáns por diante no marcador a maior parte do tempo, anque un parcial de 6-0 deixa o marcador cunha lixeira vantaxe dos arteixáns (15-17)

No segundo periodo os ataques superaron claramente ás defensas, provocando unha anotación moi alta. Ningún dos dous equipos foi quen de limitar a anotación do rival para escapar no marcador e ó descanso o marcador sinalaba unha vantaxe de 1 punto a favor dos locais (38-37)

Despois do descanso chegaron os mellores minutos dos locais, que cun xogo rápido desborda por completo ós arteixáns tanto no ataque como na defensa. O parcial deste periodo deixa claroo que pasou (20-4) cunha sóa canastra visitante e dous tiros libres anotados. Na defensa os locais xogaban a placer acabando o periodo co partido case decidido (58-41)

No último periodo volveu a igualdade ó partido. Os locais controlaron o tempo do partido e os visitantes intentando reducir a distancia, pero a partida cae do lado local, que non deixan que os arteixáns se acheguen no marcador. Ó final, 73-56 a favor dos de Culleredo.

Por parte do Culleredo xogaron Janeiro (10), Linarez (12), Souto (9), Calviño (12), Díaz (5), Malpica (7), Blanco (4), Pedreira (0), Calic (5) e Hoyo (3)
Adestrador: Luis Fraga

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Rober Garnelo (8), Alex Ocampos (7), Alex Antelo (21), Guille Conchado (9), Guille Vilanova (1), Manu (4), Rober Vilariño (0), Ramón (4) e Fabián (2)
Adestrador: Fran Lozano


A vindeira fin de semana non haberá competición, polo que o C.B. Arteixo disputará a última xornada da competición contra o C.D. Recimil o domingo 6 de abril ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Será a xornada na que se decida a permanencia ou o descenso de categoría. Os arteixáns deberán gañar e esperar que o C.B. Celtas perda o seu partido contra o Carballo Basket.

No hay comentarios:

Publicar un comentario