lunes, 3 de febrero de 2014

Senior 4ª división: C.B. Arteixo 47 - 53 Filloa Jazz

Partido correspondente á 10ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

47 - 53  (14-10 / 13-13 / 8-11 / 12-19)

Partido moi igualado durante os 40 minutos, que se decidiu nos instantes finais a favor do equipo visitante.

Comezaron os de Arteixo cunha gran intensidade (algo que se botaba de menos en anteriores partidos), endosando un parcial de 6-0 en dous minutos. A defensa era intensa e conseguíase pechar o rebote, concedendo poucas segundas opcións ós visitantes. No ataque contra a zona, o balón circulaba con certa fluidez e chegaba ó poste alto para facer dano. Pena de non estar acertados dende a liña de 3 puntos. Finalizou o periodo cun 14-10 no marcador

No segundo periodo, o nivel de intensidade mantíñase, seguíase a rebotear con certa solvencia e o balón circulaba no ataque, aproveitando os minutos que xogamos con dous interiores. Os visitantes estaban máis acertados de cara ó aro, aínda así non conseguiron reducir a diferenza no marcador (27-23)

Á volta do descanso a consigna era manter o nivel de intensidade na defensa para manter a dianteira no marcador e as opcións de gañar o partido. Pero varios despistes defensivos (aínda mantendo a intensidade) e o baixo acerto de cara ó aro, fixeron que os visitantes apretasen o marcador, pero cos de Arteixo por diante en todo momento (35-34)

No último periodo, a igualdade mantívose en todo momento, pero desta volta os visitantes eran os que estaban con vantaxe no marcador. A falta de 3 minutos con 45-48 no marcador, os de Arteixo fallaron unha tripla que podería supoñer o empate e na seguinte xogada foilles sinalada unha rigurosa falta antideportiva nunha entrada á canastra, o que supuxo 4 puntos para os visitantes. Así con desvantaxe de 7 puntos, subiuse o nivel defensivo chegando a colocarnos a 3 puntos de novo, pero non fomos capaces de darlle a volta ó marcador (47-53)

Gran partido de tódolos xogadores, destacando a aportación de todos tanto no rebote como na defensa e na anotación. Este é o nivel de traballo necesario para competir nos partidos para que vaian chegando as victorias.

Destacar tamén o excelso acerto dende a liña de tiros libres (10/10 100%), algo que non soe ocorrer nos nosos partidos, compensando o pésimo acerto dende a liña de tres puntos

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Cotelo (2), Juan Carlos (4), Manu (8), Pavo (0), Víctor (6), Arkaitz (9), Dylan (4), Pablo (6), David (4) e Dany (4)
Adestrador: Germán Lozano

Por parte do Filloa Jazz xogaron López (2), Cabrera (4), Veira (0), Bueno (0), Vázquez (3), Ruppen (13), Ferreiro (15) e Pérez (14)
Adestrador: Ferrán Cabrera


Con este partido finaliza a primeira fase da 4ª división masculina. Os de Arteixo quedaron quintos cun balance de 1 victoria e 9 derrotas. 
A segunda fase da competición comezará o 23 de febreiro. O C.B. Arteixo estará encadrado no grupo A3 xunto co ACB Costa da Morte, C.B. Laracha, Vintage 67 e o 5º clasificado do grupo AA que se determinará a vindeira xornada

No hay comentarios:

Publicar un comentario