Partido correspondente á 12ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
69 - 58 (20-10 / 13-13 / 16-19 / 20-16)
Partido que comezou moi de cara para os arteixáns cun parcial de 6-0 en menos dun minuto, grazas á intensidade defensiva. A partir de aí, os locais estiveron moi intensos na defensa e no rebote defensivo. No ataque, a superioridade no 1x1 facía que os arteixáns anotasen con facilidade baixo o aro ou en lanzamentos cercanos. Finalizou o periodo con 10 puntos de vantaxe para os xogadores de Germán Lozano (20-10)
No segundo periodo, os visitantes cambiaron a súa defensa e estiveron moito máis intensos no xogo. Aínda así, non conseguiron recortar diferenzas no marcador xa que o acerto de cara ó aro e a defensa dos de Arteixo non lles deixaba anotar con comodidade. Os locais baixaron o seu nivel de acerto, con precipitacións no ataque e malos pases, pero o compensaron co gran nivel defensivo mostrado durante todo o partido. Chegouse ó descanso mantendo os 10 puntos de vantaxe (33-23)
Á volta do descanso, BCA continuou apretando na defensa, e xunto con varios despistes dos arteixáns, apretaron o marcador ata situarse a 5 puntos. Un tempo morto para calmar o xogo e corrixir erros fixo que os locais volvesen a distanciarse no marcador, pero non conseguían despegarse definitivamente (49-42)
No último periodo, os de Arteixo mantiveron a concentración e o control do rebote defensivo e do tempo de xogo, aproveitando a presión a toda pista de BCA para anotar en situacións de superioridade e ampliar a vantaxe final ata colocarse por encima dos 10 puntos (69-58)
Gran partido a nivel de intensidade de tódolos xogadores. Hai que continuar traballando para xogar ben e poder gañar os dous partidos que nos quedan da primeira fase.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (18), Natahel (0), Diego Felípez (2), Juanlu (0), Miguel (0), Leo (2), Iván (2), Edu (15), Eloy (3), Diego Pérez (14) e Fabián (13)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do BCA 96 xogaron Albo (4), Hernández (3), Pardo (9), Rancaño (8), Fraga (14), López (0), Gambhir (18), Ramba(0), Pedreira (2) e Eiroa (0)
Adestrador: Nacho Pena
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Baloncesto Cambre presumiblemente o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Sofía Toro de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario