Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
69 - 60 (19-14 / 17-22 / 11-10 / 22-14)
Importantísima primeira victoria como local do equipo de Fran Lozano, nun partido igualado que se resolveu no último periodo.
Comezaron ben os de Arteixo, cunha boa defensa e conseguindo boas opcións de lanzamento grazas á circulación do balón no ataque. A diferenza chegou ós 8 puntos (12-4), pero despois dun tempo morto visitante, o marcador igualouse aínda que os locais seguían por diante no marcador (19-14)
No segundo periodo, os de Carballo apretaron o marcador grazas ó dominio do xogo baixo o aro. Os arteixáns seguían cunha boa circulación de balón no ataque, pero o acerto non era o mesmo que no primeiro periodo, polo que se chegou ó descanso co marcador empatado a 36.
Na segunda metade, os locais conseguiron mellorar a defensa do xogo interior carballés, pero a fluidez no ataque baixou moito e non se anotaba con facilidade. Os visitantes tamén menguaban o acerto ofensivo, polo que se chegou ó final do periodo co marcador apretado (47-46)
No último periodo, os locais conseguiron 7 puntos de vantaxe que parecían ser unha boa renda para levarse o partido, pero os de Carballo volveron a achegarse no marcador grazas a dúas recuperacións de balón. Pero os arteixáns serenaron de novo o xogo e aumentaron a intensidade defensiva, deixando sen anotar ós carballeses nos últimos 3 minutos de partido, acadando a máxima diferenza a favor ó final do partido (69-60)
Importante victoria para dar ánimos ó equipo de cara ó tramo final da tempada.
Destacar a volta ó equipo de Guille Vilanova despois de volver de Estados Unidos, mentres que se contaba coas baixas de Rober Garnelo e Manu Pedreira.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Alex Ocampos (6), Alex Antelo (15), Guille Conchado (9), Guille Vilanova (2), Rober Vilariño (14), Ramón (8), David (14), Manu Rey (-), e Fabián (1)
Adestrador: Fran Lozano
Por parte do Carballo Basket xogaron Rodríguez (2), Añón (15), Cristóbal (1), Parcero (4), Castro (7), Vega (7), Fernández (4) e Gómez (16)
Adestrador: Basilio Pampín
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo visitará ó Cenor Cluny o domingo ás 19:00 horas no Pavillón do Colexio Cluny de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario